lunes, 20 de diciembre de 2010

Albense - Rábade (Cuartos da supercopa)

Partido de volta de cuatos de final da supercopa en Alba, nunha fría tarde de neboa, no que rozamos a remontada ao ganar por dous a cero, con goles de Emilio e Guti, resultado que non chegóu para pasar a eliminatoria xa que no partido de ida perdemos en Rábade por 3-0.
Árbitro: Carlos
Fotos: Moncho Vivero

domingo, 12 de diciembre de 2010

Rábade-Albense (Cuartos da supercopa)

Partido de ida de cuartos de final da supercopa en Rábade, no que caemos derrotados por 3-0 con goles de Pirri, Carlos e Piris.
Árbitro: Carlos.
O patido de volta será o sábado día 18 as 16h no Campo de Alba.
Fotos: Moncho Vivero

viernes, 10 de diciembre de 2010

Cuartos de Final da copa

Éste fin de semana, días 11 e 12 de decembro xogaranse os partidos de ida correspondentes aos cuartos de final da copa nas súas diferentes modalidades, quedando os enfrontamentos da seguinte maneira:

SUPERCOPA:

Illán - Taboada....................0-2
Vet. Sarria SD - Nausti........0-1
Rábade - Albense................3-0
San Lázaro - Santaballés.....0-1

COPA:

Montouto - Monterroso.......2-0
Cospeito - Trasnon FV.......2-2
Guntín - Saavedra..............1-5
Portomarín - Friol...............1-2

MINICOPA:

Sarria FV - Sancobade..............2-3
Gaioso - Lambruxos..................4-1
Dona Vaniri - Sp Rabadense......1-0
Castro - PC Box........................0-1
O partido Rábade - Albense será o sábado día 11 as 16 h en Rábade

jueves, 9 de diciembre de 2010

Amistoso en Alba

Aproveitando o parón da ponte da constitución xogóuse unha pachanga o día 8 de decembro no campo de Alba contra o Catro Roldas, para de paso estrear os casi rematados novos vestiarios, estas son algunhas imaxes do partido disputado nunha tarde fría e chuviosa.
Fotos: Moncho Vivero

martes, 7 de diciembre de 2010

Amistoso: Albense - Catro Roldas

O mercores día 8 de decembro, o C. D. Albense xogará un partido amistoso contra o Catro Roldas, equipo que milita na 3ª división Autonómica, aproveitando que este fin de semana de ponte non houbo partidos de competición oficial; o partido celebraráse no campo de Alba as 16 horas.

sábado, 27 de noviembre de 2010

6ª xornada: Saavedra - Albense

Partido desastroso en Saavedra, no que non estuvemos acertados en defensa nin en ataque, secadra o peor partido do Albense nos derradeiros anos. O Saavedra con tres goles de Alex e un de Suso conseguíu poñer o marcador ao seu favor nun partido no que soio puidemos maquillar o resultado con goles de Manolo e Michel, quedando o marcador final en 4-2.
Fotos: Moncho Vivero

martes, 23 de noviembre de 2010

6ª XORNADA

Partidos da 6ª xornada que se disputará os días 27 e 28 de novembro:

1ª división:
Illán - Rábade
Saavedra - Albense
Nausti - Taboada
Monterroso - Santaballés
Portomarín - Sancobade
Sarria FV - Friol

2ª división:
Cospeito - Dona Vaniri
Castro - Trasnos FV
Vet. Sarria SD - Guntín
Sp. Rabadense - Gaioso
San Lázaro - PC Box
Montouto - Lambruxos

O partido Saavedra - Albense terá lugar o sábado día 27 as 16 h no campo de Saavedra

sábado, 20 de noviembre de 2010

5ª xornada: Albense - Illán

Nunha tarde pasada por auga, o C. D. Albense con numerosas baixas non puido pasar do empate (1-1) contra un Illán bén posicionado no terreo de xogo; no campo de Parga moi encharcado, o que dificultaba xogar o balón.
Marcóu para o Albense Pedro de falta directa a falta de 12 minutos para o final, empatando o partido no minuto seguinte Pablo para o Illán, tamén ao rematar unha falta.
Árbitro: Javier.
Fotos: Moncho Vivero

martes, 16 de noviembre de 2010

5ª XORNADA

Os días 20 e 21 de novembro xogaráse a 5ª xornada cos partidos seguintes:

1ª división:
Rábade - Sarria FV
Albense - Illán
Saavedra - Taboada
Nausti - Monterroso
Santaballés - Portomarín
Friol - Sancobade

2ª división:
Montouto - Cospeito
Dona Vaniri - Castro
Guntín - Trasnos FV
Vet. Sarria SD - Sp Rabadense
PC Box - Gaioso
Lambruxos - San Lázaro

O partido que enfrontará ao C. D. Albense contra o C. A. Illán disputaráse o sábado día 20 as 16 h en Parga.

lunes, 15 de noviembre de 2010

4ª Xornada: Sarria FV - Albense

Nova vitoria a domicilio, desta volta en Sarria diante de un bon Sarria FV por 1-3 no novo campo de erba artificial, con unha deficiente iluminación.
Destacable actuación de Michel, que marcóu os tres goles do Albense, así como a de Jose, que paróu un penalti cando ibamos ganando por 0-2, nunha xogada na que quedamos con un home menos. O gol do Sarria FV marcóuno jose L. Arias.
Árbitro: Michel.
Fotos: Moncho Vivero