lunes, 31 de enero de 2011

Xornada 10ª: Portomarín - Albense

Partido máis igualado en Portomarín do que da a entender o resultado final de 2-4, anque comezamos marcando, logo nos empataron e rematóu a primeira parte co 1-1. Nada máis reanudarse o partido marcamos o segundo, empatándonos de novo a mediados da 2ª parte. Tivemos a sorte de marcar o terceiro na xogada seguinte, o que fixo que a partir dese intre, nos convertiramos nos dominadores do que quedaba de partido, marcando o cuarto pouco despois.
Goles: Pedro(2) e Michel(2) para o Albense, e Iván(2) para o Portomarín.
Árbitro: Cocú.
Fotos: Moncho Vivero

jueves, 27 de enero de 2011

10ª Xornada

Partidos da décima xornada os días 29 e 30 de xaneiro:

1ª división:
Nausti - Illán (dom 11,30)
Santaballés - Sarria FV (dom 11,30)
Sancobade - Rábade (sab 16,30)
Portomarín - Albense (sab 16,30)
Monterroso - Taboada (sab 16,30)
Friol - Saavedra (sab 16)

2ª división:
Vet Sarria SD - Dona Vaniri (sab 20,00)
Montouto - Gaioso (sab 16,30)
San Lázaro - Cospeito (sab 16,30)
PC Box - Castro (sab 16,30)
Sp Rabadense - Guntín (sab 16, 30)
Lambruxos - Trasnos FV (sab 18,00)

Esta xornada desprazámonos a Portomarín, o partido será as 16, 30 h.

lunes, 24 de enero de 2011

9ª Xornada: Albense - Sancobade

Tres puntos importantes para non descolgarnos do grupo de cabeza, frente a un Sancobade que está a facer unha excelente tempada, nun partido que resultóu máis fácil do que agardabamos, xa que nos fomos ao descanso co resultado de 3-0, con tres goles de Michel, redondeando o marcador na 2ª parte a 5-0, con dous goles máis de Toni nunha tarde soleada pero moi fría no campo de Alba, que estaba en perfectas condicións, como xa é habitual.
Árbitro: Eulogio
Fotos: Moncho Vivero

miércoles, 19 de enero de 2011

9ª Xornada

Os partidos da novena xornada que terá lugar os días 22 e 23 de xaneiro serán os seguintes:

1ª división:
Illán - Saavedra (sab 16,30)
Sarria FV - Nausti (dom 12,00)
Rábade - Santaballés (sab 16,30)
Albense - Sancobade (sab 16,30)
Taboada - Portomarín (sab 18,15)
Friol - Monterroso (sab 16,30)

2ª división:
Dona Vaniri - Trasnos FV (sab 18,00)
Montouto - Vet Sarria SD (sab 16,30)
Cospeito - Gaioso (sab 16,30)
San Lázaro - Castro (sab 16,00)
Guntín - PC Box (dom 11,30)
Lambruxos - Sp Rabadense (sab 19,30)

O partido Albense - Sancobade será o sábado día 22 as 16,30 h. no campo de Alba.

lunes, 17 de enero de 2011

8ª xornada: Santaballés - Albense

Tres fallos defensivos fixeron que no minuto 15 da primeira parte foramos perdendo por 3-0, e aínda que reaccionamos e fomos ao descanso con un esperanzador 3-2, no tramo final do partido despois de quedar con un home menos, encaixamos outros dous goles que deixaron o resultado definitivo en 5-2.
Pablo (2), José Mª (2), e Juan marcaron para o Santaballés, mentras que Seco de penalti e Cabarcos fixerono para o Albense.
Árbitro: Javier.
Fotos: Moncho Vivero

miércoles, 12 de enero de 2011

8ª Xornada

Os vindeiros días 15 e 16 de xaneiro terá lugar a 8ª xornada cos partidos seguintes:

1ª división:
Saavedra - Sarria FV
Nausti - Rábade
Santaballés - Albense
Sancobade - Taboada
Portomarín - Monterroso
Illán - Friol

2ª división:
Trasnos FV - Montouto
Vet. Sarria SD - Cospeito
Gaioso - Castro
San Lázaro - Guntín
Sp Rabadense - PC Box
Dona Vaniri - Lambruxos

O partido Santaballés - Albense será o sábado día 15 as 16,15 horas en Santaballa.

viernes, 7 de enero de 2011

7ª xornada: Albense - Nausti

Este ano os Reis foron xenerosos e trouxeronnos tres puntos máis no partido que daba comezo a 7ª xornada, que nos enfrentaba ao Nausti (2ª clasificado) en Alba, quedando o marcador final co resultado de 2-0 ao noso favor, sendo Michel o autor de dous importantes goles de bonita factura.
Fotos: Moncho Vivero

martes, 4 de enero de 2011

7ª XORNADA

A 7ª xornada disputaráse entre os días 6 e 9 de xaneiro cos seguintes partidos:

1ª División:
Sarria FV - Illán
Rábade - Saavedra
Albense - Nausti
Taboada - Santaballés
Sancobade - Monterroso
Friol - Portomarín

2ª División:
Montouto - Dona Vaniri
Cospeito - Trasnos FV
Castro - Vet. Sarria SD
Guntín - Gaioso
San Lázaro - Sp Rabadense
Lambruxos - PC Box

O partido Albense - Nausti será o xoves día 6 as 11,30 no campo de Alba.