lunes, 31 de enero de 2011

Xornada 10ª: Portomarín - Albense

Partido máis igualado en Portomarín do que da a entender o resultado final de 2-4, anque comezamos marcando, logo nos empataron e rematóu a primeira parte co 1-1. Nada máis reanudarse o partido marcamos o segundo, empatándonos de novo a mediados da 2ª parte. Tivemos a sorte de marcar o terceiro na xogada seguinte, o que fixo que a partir dese intre, nos convertiramos nos dominadores do que quedaba de partido, marcando o cuarto pouco despois.
Goles: Pedro(2) e Michel(2) para o Albense, e Iván(2) para o Portomarín.
Árbitro: Cocú.
Fotos: Moncho Vivero

6 comentarios:

Anónimo dijo...

Perfecto comentario sobre o partido mellor explicado imposible

Moncho Vivero dijo...

Foi tal cual o que sucedéu, real como a vida mesma...
Gustastesme moito. Un saudo.

Anónimo dijo...

Si bueno, o xogo pola nosa parte faltalle algun xogador para a zona defensiva, pero non temos mal equipo nun principio, haber senon descendemos pero se descendemos tampouco nos era malo polos desplazamentos, ahora ben quedariamos sen ir a Alba, que pena jajjajaj

Moncho Vivero dijo...

Eu agardo que non descendades, penso que tedes mellor equipo do que reflexa a clasificación, de todas maneiras se chea a ocurrir (cousa que dudo), sempre podemos programar algún amistoso, e non sería mala idea ir de cea despois os dous equipos xuntos, qué che parece?

Anónimo dijo...

Uff por min seria xenial non sei os demais compañeiros pero todo se pode falar, o dos amistosos tamen por su posto nos solo facemos un jajjajaj.

Moncho Vivero dijo...

Aínda que non vaian todos, sempre seremos unhos cuantos (os que nos vai a festa)