lunes, 24 de diciembre de 2012

10ª xornada: Monterroso - Albense (2-1)

Derrota en Monterroso para rematar o ano despois de un mal inicio de partido no que xa perdíamos por 2-0 aos dez minutos, logo aínda que milloramos moito o noso xogo só puidemos acurtar a diferencia por medio de Suso despois de desperdiciar numerosas ocasións claras de gol.
Árbitro: Bilbao Vizcaino








Fotos: Moncho Vivero

lunes, 17 de diciembre de 2012

9ª xornada: Albense - Taboada (3-1)

Por fin despois de varios anos sin poder ganarlle ao Taboada, o pasado sábado logramos unha vitoria con menos sobresaltos dos previstos, nun partido no que sempre levamos a iniciativa no marcador despois do primeiro gol en propia porta do Taboada. Antes do descanso aumentaría a distancia Cabarcos e con 2-0 remata a 1ª mitade. Xa no 2º tempo acortaría a diferencia o Taboada despois de someternos a unha forte presión que se víu recompensada co 2-1, aínda que pouco despois marcaría de novo Cabarcos o definitivo 3-1 en xogada de contrataque.
Árbitro: Eulogio









Fotos: Moncho Vivero

martes, 4 de diciembre de 2012

8ª xornada: Albense - Rábade (0-2)

Seguimos sin coller o ritmo da competición e colleitamos unha nova derrota, desta volta na casa contra o Rábade por 0-2.
Árbitro: Carlos Mendez

lunes, 26 de noviembre de 2012

7ª xornada: Castro - Albense (0-3)

Importante vitoria a domicilio frente a un equipo bén organizado como é o Castro nun partido serio por parte do Albense que sufríu para facerse cos tres puntos en xogo. Abría o marcador na primeira parte Emilio a pase de Guti e xa non se volvería a mover ata o minuto 87 no que marcaba Cabarcos a pase de Emilio, sendo de novo Cabarcos o que poñía o 0-3 definitivo xa en tempo de desconto.
Árbitro: Kubala








Fotos: Moncho Vivero

lunes, 19 de noviembre de 2012

6ª xornada: Saavedra - Albense (2-1)

Chuviosa tarde de sábado na que caemos derrotados no campo de Saavedra nun mal partido con poucas ocasións de gol. Marcaba primeiro Victor para o equipo local, empatando pouco despois Roberto para o Albense, con éste resultado remataría a 1ª parte, xa no 2º tempo marcaría de novo o Saavedra establecendo así o definitivo 2-1.
Árbitro: Carlos



lunes, 12 de noviembre de 2012

Cuartos copa: Guntín - Albense (0-3)

Eliminatoria de copa encarrilada despois da vitoria no campo  de Guntín frente ao equipo local por tres goles a cero. Abriría o marcador Guti mediada a primeira parte de potente disparo de fóra da área, que se colóu pola escadra da portería local, pouco antes de rematar o primeiro tempo foi Pedro o que puxo o 0-2 ao noso favor e xa no minuto 90 era de novo Guti o que marcaba o definitivo 0-3.
Árbitro: Jula









Fotos: Moncho Vivero

viernes, 9 de noviembre de 2012

Xornada de copa cos seguintes horarios, xogaremos o domingo día 11 as 11,30 en Guntín
Veteranos Copa Lugo|Jornada 1
Rabadense16:00Santaballes
Montouto16:30Taboada
Castro11:30Sarriafv
Guntin11:30Albense