lunes, 30 de enero de 2012

11ª xornada: Albense - Saavedra (2-1)

Importantes tres puntos contra o mellor equipo que pasóu por Alba esta tempada, o Saavedra, que controlóu totalmente a primeira parte e fruto dese dominio chegaría o 0-1 de penalti arredor do minuto 15, chegando así o ecuador do partido. Non sería ata a metade do segundo tempo cando o Albense empezóu a facerse dono do partido, debido en boa parte ao baixón físico do Saavedra acusando dese xeito o tremendo esforzo feito na primeira parte e que tivo como consecuencia a remontada do partido por parte do Albense con dous goles de Michel nos derradeiros 20 minutos.
Árbitro: Javier












Fotos: Moncho Vivero

miércoles, 25 de enero de 2012

11ª xornada

Partidos da 11ª xornada a disputar os días 28 e 29 de xaneiro:

1ª división:

Trasnos Fv - Sarria Fv (0-0)
Monterroso - Santaballés (1-1)
Illán - Rábade (0-3)
Albense - Saavedra (2-1)
Nausti - Sancobade (1-3)
Taboada - Friol (1-3)
Cospeito - Vet Sarria Sd (2-5)

2ª división:

Sarriana - Becerreá (1-2)
CB Terminal - San Lázaro (2-4)
Guntín - Parga (6-3)
Lambruxos - Montouto (3-2)
Sp Rabadense - Dona Vaniri (3-1)
Gaioso - Castro (3-2)

O partido Albense - Saavedra será o sábado día 28 as 16,30 h no campo de Alba

lunes, 23 de enero de 2012

10ª xornada: Rábade - Albense (3-2)

Derrota frente ao Rábade nun partido intenso no que o gran protagonista foi o sr colexiado: Kubala, que según a nosa opinión nos perxudicóu de novo gravemente con unha actitude provocadora, e distinto criterio a hora de tomar decisións, que tivo como consecuencia a expulsión de Pedro no minuto 30 da 2ª parte, na segunda falta que facía, despois de ser o xogador que máis faltas recibíu do partido. Parecenos significativo que as únicas tarxetas que lle foron mostradas a éste xogador foran por parte deste colexiado, secadra o "delito" que cometéu foi rechazar unha oferta para xogar nun equipo que adestra éste sr colexiado-adestrador.
Aínda que daquela perdíamos por 2-1 logramos repoñernos e empatar o partido a falta de 15 minutos para cumplirse os 90 regulamentarios, que non foron tales, xa que cando iban 48 da 2ª parte o sr colexiado anuncianos que se van a xogar dous minutos máis que o final se convertiron en cinco ata que xa con nove xogadores e o Rábade en pleno acoso a nosa porta marca o definitivo 3-2, momento no que apresuradamente se sinala o final do partido sin opción sequera a sacar de centro. Parecenos significativo tamén que na primeira parte, cando perdíamos por 2-1 non se descontara nin un segundo e na 2ª se prolongase 8 minutos un partido no que as únicas perdas de tempo que houbo foron as do sr colexiado para dirixirse a xente da banda. Felicitamos ao Rábade pola vitoria que buscóu con aínco ata o final, e os nosos xogadores polo gran partido que fixeron.
Marcaron polo Albense Michel e Suso.












Fotos: Moncho Vivero

jueves, 19 de enero de 2012

10ª xornada

Partidos da 10ª xornada. días 21 e 22 de xaneiro:

1ª división:

Sarria Fv - Monterroso (2-2)
Santaballés - Illán (6-1)
Rábade - Albense (3-2)
Saavedra - Nausti (0-1)
Sancobade - Taboada (2-1)
Friol - Cospeito (1-2)
Vet Sarria Sd - Trasnos Fv (2-2)

2ª división:

San Lázaro - Guntín (4-0)
Parga - Montouto (3-1)
Castro - Begonte (4-2)
Becerreá - CB Terminal (1-1)
Dona Vaniri - Gaioso (6-1)
Sp Rabadense - Lambruxos (2-0)

Ésta xornada xogaremos o sábado día 21 en Rábade as 16,30 h.

lunes, 16 de enero de 2012

9ª xornada:; Albense-Santaballés (2-2)

Partidazo en Alba entre Albense e Santaballés, con unha parte para cada equipo, a primeira para o Albense que se foi ao descanso ganando por dous a cero, con goles de Pedro e a segunda para o Santaballés que marcóu a falta de 15 minutos para o final e conqueríu o empate definitivo no minuto 85 de partido. Aínda que nos derradeiros cinco minutos o Albense tivo duas claras ocasiós para desfacer o empate, o marcador xa non se movería.
Árbitro: Insua












miércoles, 11 de enero de 2012

9ª xornada

Volve a competición despois do parón de nadal-reis cos partidos da 9ª xornada que se disputará os días 14 e 15 de xaneiro cos seguintes enfrentamentos:

1ª división:

Monterroso - Trasnos Fv (2-2)
Illán - Sarria Fv (2-3)
Albense - Santaballés (2-2)
Nausti - Rábade (2-4)
Saavedra - Taboada (5-3)
Cospeito - Sancobade (2-5)
Vet. Sarria Sd - Friol (1-0)

2ª: división:

Lambruxos - Gaioso (2-1)
Guntín - Becerreá (2-2)
Montouto - San Lázaro (3-4)
Sp Rabadense - Parga (1-1)
Dona Vaniri - Begonte (3-1)
CB Terminal - Sarriana Fv (4-0)

Recibimos ésta semana ao líder Santaballés en partido que se xogará o sábado día 14 as 16,15 h no campo de   Alba.

lunes, 9 de enero de 2012

Santaballés - Rábade (2-0)

Partido aplazado da 2ª xornada entre dous candidatos ao título de liga disputado a tarde do sábado día 7 no campo de "a liga santaballesa", que rematóu coa vitoria do Santaballés por 2-0, o que fai que siga de líder pero agora con tres puntos de vantaxe co 2º clasificado, quedando o Rábade na cuarta praza a cinco puntos do primeiro.









Fotos: Moncho Vivero