lunes, 23 de enero de 2012

10ª xornada: Rábade - Albense (3-2)

Derrota frente ao Rábade nun partido intenso no que o gran protagonista foi o sr colexiado: Kubala, que según a nosa opinión nos perxudicóu de novo gravemente con unha actitude provocadora, e distinto criterio a hora de tomar decisións, que tivo como consecuencia a expulsión de Pedro no minuto 30 da 2ª parte, na segunda falta que facía, despois de ser o xogador que máis faltas recibíu do partido. Parecenos significativo que as únicas tarxetas que lle foron mostradas a éste xogador foran por parte deste colexiado, secadra o "delito" que cometéu foi rechazar unha oferta para xogar nun equipo que adestra éste sr colexiado-adestrador.
Aínda que daquela perdíamos por 2-1 logramos repoñernos e empatar o partido a falta de 15 minutos para cumplirse os 90 regulamentarios, que non foron tales, xa que cando iban 48 da 2ª parte o sr colexiado anuncianos que se van a xogar dous minutos máis que o final se convertiron en cinco ata que xa con nove xogadores e o Rábade en pleno acoso a nosa porta marca o definitivo 3-2, momento no que apresuradamente se sinala o final do partido sin opción sequera a sacar de centro. Parecenos significativo tamén que na primeira parte, cando perdíamos por 2-1 non se descontara nin un segundo e na 2ª se prolongase 8 minutos un partido no que as únicas perdas de tempo que houbo foron as do sr colexiado para dirixirse a xente da banda. Felicitamos ao Rábade pola vitoria que buscóu con aínco ata o final, e os nosos xogadores polo gran partido que fixeron.
Marcaron polo Albense Michel e Suso.












Fotos: Moncho Vivero

No hay comentarios: