lunes, 29 de octubre de 2012

4ª xornada: Trasnos Fv - Albense (2-2)

Fría tarde de fútbol en Sarria na que realizamos un partido mediocre no que non logramos levar o control do mesmo en ningún momento, aínda que nos adiantamos no marcador por 0-2 con goles de Guti e Pedro, o equipo local deunos empatado xa no tramo final do partido.
Árbitro: Angel Rdgez







Fotos: Moncho Vivero

sábado, 27 de octubre de 2012

4ª xornada:

Partidos da 4ª xornada, os dìas 27 e 28 de outubro:

1ª división:

Vet Sarria Sd - Becerreá
Trasnos Fv - Albense
Santaballés - Sancovade
Friol - Saavedra
Castro - Sarria Fv
Rábade - Illán
Taboada . Monterroso

2ª división:

Román - Terminal
San Lázaro - Sarriana Fv
Cospeito - Lambruxos
Dona Vaniri - Montouto
Paradala - Begonte
Sp Rabadense - Gaioso
Guntín - Parga

Ésta xornada xogamos e Sarria contra o Trasnos Fv, o partido será o sábado 27 as 18 h no campo da Ribela.

domingo, 21 de octubre de 2012

3ª xornada: Vet Sarria Sd - Albense (0-1)

Partidazo en Sarria frentre a un complicado rival que saíu moi enchufado dominando totalmente durante os primeiros 20 minutos nos que non pasamos do medio do campo. A medida que avanzaba o partido fómonos facendo co control do xogo e a pouco de empezar a 2ª parte marcamos por medio de Toni o gol que nos deu a vitoria nunha xogada de presión na área do equipo rival.
En resumen, gran partido por parte de ambos equipos, con fútbol combinativo e un excelente arbitraxe de Kubala no que só desentonóu a deficiente iluminación artificial do campo da Ribela.


Fotos: Moncho Vivero

domingo, 14 de octubre de 2012

2ª xornada: Albense - Becerreá (4-3)

Intenso partido en Alba xogado a un ritmo moi alto, con unha parte para cada equipo contra un potente Becerreá que polo visto no campo merecéu algo máis. Remataría a primeira parte coa vitoria do Albense por 2-0 con goles de Guti e Suso, xa no segundo tempo o Becerreá igualaba o partido polo minuto 20, sendo Cupeiro quén desfaría o empate para o Albense, aínda que pouco duróu a alegría xa que pouco despois empataba de novo o equipo visitante. Foi a falta de dez minutos para o remate do partido cando Pedro establecía o definitivo 4-3 ao transformar un penalti cometido sobre Guti.
Árbitro: Eulogio







Fotos: Moncho Vivero

martes, 9 de octubre de 2012

1ª xornada: Albense - Santaballés (0-2)

Primeiro partido de liga en Alba no que caemos derrotados diante do actual campión, o Santaballés, nun partido máis igualado do que reflexa o marcador final, no que o equipo visitante aproveitóu mellor as súas ocasións, marcando un gol rematando a primeira parte e outro xa nos derradeiros cinco minutos.
Árbitro: Porto




Fotos: Moncho Vivero

lunes, 1 de octubre de 2012

Copa: Albense - Dona Vaniri

Primeira vitoria da tempada en xornada de clasificación de copa frente o Dona Vaniri por 6-0 con goles de Pedro (2), Suso (2), Cupeiro e Toni, despois de caer derrotados no primeiro partido contra o Parga por 3-1 con gol de Pedro. O vindeiro sábado comezamos a liga contra o vixente campión: o Santaballés no campo de Alba as 18 horas.


Máis fotos no facebook.http://www.facebook.com/media/set/?set=a.392103227526036.90891.100001790871620&type=1