domingo, 14 de octubre de 2012

2ª xornada: Albense - Becerreá (4-3)

Intenso partido en Alba xogado a un ritmo moi alto, con unha parte para cada equipo contra un potente Becerreá que polo visto no campo merecéu algo máis. Remataría a primeira parte coa vitoria do Albense por 2-0 con goles de Guti e Suso, xa no segundo tempo o Becerreá igualaba o partido polo minuto 20, sendo Cupeiro quén desfaría o empate para o Albense, aínda que pouco duróu a alegría xa que pouco despois empataba de novo o equipo visitante. Foi a falta de dez minutos para o remate do partido cando Pedro establecía o definitivo 4-3 ao transformar un penalti cometido sobre Guti.
Árbitro: Eulogio







Fotos: Moncho Vivero

2 comentarios: