domingo, 31 de octubre de 2010

2ª xornada: Friol - Albense

Primeiros tres puntos da presente tempada para o C. D. Albense, no partido celebrado en Pacios, que nos enfrentaba ao Friol. Cómoda vitoria a domicilio por un contundente 0-8, na que abríu o marcador Manolo Cabarcos nun saque de córner con un impecable remate de cabeza, marcando así o primeiro gol en liga do equipo.
Destacar asimesmo os catro goles marcados por Pedro, dous por Toni e por último un de Guti.
Tamén se fallaron dous penaltis, un cada equipo.
Arbitro: Insua
Fotos: Moncho Vivero

martes, 26 de octubre de 2010

2ª XORNADA

Os vindeiros días 30 e 31 de outubro disputaráse a 2ª xornada da liga provincial de veteranos.
Os enfrontamentos serán os seguintes:
1ª División:
Portomarín - Illán
Albense - Friol
Rábade - Taboada
Monterroso - Sarria FV
Saavedra - Sancobade
Nausti - Santaballés

2ª División
Dona Vaniri - PC Box
Sp Rabadense - Montouto
Trasnos FV - San Lázaro
Vet. Sarria SD - Gaioso
Castro - Lambruxos
Cospeito - Guntín

O C. D. Albense xogará o seu partido no campo de Pacios o sábado día 30 as 16,30 h.

domingo, 24 de octubre de 2010

1ª xornada: Taboada - Albense

Disputóuse o primeiro partido de liga no que nos enfrentábamos ao actual campión: Taboada, no seu campo, rematando o partido con un cómodo 4-0 a favor do equipo local, que se mostróu moi superior ao longo de todo o encontro, no que o Albense apenas inquietóu a portería rival.
Os goles foron de: Marcos (2), Jesús Vázquez e Hugo.
Arbitro: Kubala
Fotos: Moncho Vivero

miércoles, 20 de octubre de 2010

Fase clasificación super copa

Arrancóu unha nova tempada coa fase de clasificación para as diferentes modalidades de copa que se celebran na liga provincial de veteranos de Lugo.
O C. D. Albense clasificóuse de primeiro de grupo, o que lle da acceso a disputar a supercopa, igual que o ano pasado, no que chegóu a semifináis.
Os resultados de esta fase foron os seguintes:
  1. Saavedra - Albense 1-2
  2. PC Box - Albense 1-2
  3. Albense - Portomarín 9-4
  4. S. Lázaro - Albense 1-o
  5. Albense - Dona Vaniri 7-1

O vindeiro sábado día 23 comezará a liga co partido que enfrentará ao campión do ano pasado: Taboada, contra o terceiro clasificado da mesma tempada: C. D. Albense, éste partido disputaráse no campo de Taboada as 16,30 horas.