jueves, 26 de diciembre de 2013

lunes, 23 de diciembre de 2013

9ª xornada: Albense - Parga (1-1)

Partido de rivalidade a tarde do sábado en Alba, que rematóu con reparto de puntos. Abría o marcador o Parga de penalti no minuto 45, para establecer Toni o definitivo empate a un mediada a segunda parte.
Árbitro: Eulogio








Fotos: Moncho Vivero

martes, 17 de diciembre de 2013

8ª xornada: Becerreá - Albense (3-5)

Tres puntos importantisimos os acadados en Becerreá, un dos campos máis difíciles da competición, nun partido de gran intensidade contra un equipo local que sempre lle imprime un alto ritmo aos partidos. Remataría a primeira parte coa vitoria do Becerreá por 3-2 despois de remontar un 2-0 adverso que logramos igualar no minuto 43 con dous goles consecutivos de Tomás e Toni, aínda que nos duróu pouco a alegría xa que no minuto 45 encaixabamos o terceiro que deixaba o marcador desfavorable para irnos ao descanso.
Xa na segunda parte a pouco de comezar marcaba Manolo Cabarcos o empate a tres ao rematar unha falta e sería Roberto pouco despois o que nos adiantaba no marcador ao executar a perfección un córner, transformando así un golazo olímpico; finalmente sentenciaba Pedro ao rematar unha falta sacada por Losada, deixando así o resultado final no definitivo 3-5.









Fotos: Moncho Vivero

martes, 3 de diciembre de 2013

7ª xornada: Albense - Illán (1-0)

Partido igualado contra o Illán no que o solitario gol de Emilio na primeira parte nos deu os tres puntos que nos permiten sair dos postos de descenso directo.
Árbitro: Eulogio









Fotos: Moncho Vivero