martes, 17 de diciembre de 2013

8ª xornada: Becerreá - Albense (3-5)

Tres puntos importantisimos os acadados en Becerreá, un dos campos máis difíciles da competición, nun partido de gran intensidade contra un equipo local que sempre lle imprime un alto ritmo aos partidos. Remataría a primeira parte coa vitoria do Becerreá por 3-2 despois de remontar un 2-0 adverso que logramos igualar no minuto 43 con dous goles consecutivos de Tomás e Toni, aínda que nos duróu pouco a alegría xa que no minuto 45 encaixabamos o terceiro que deixaba o marcador desfavorable para irnos ao descanso.
Xa na segunda parte a pouco de comezar marcaba Manolo Cabarcos o empate a tres ao rematar unha falta e sería Roberto pouco despois o que nos adiantaba no marcador ao executar a perfección un córner, transformando así un golazo olímpico; finalmente sentenciaba Pedro ao rematar unha falta sacada por Losada, deixando así o resultado final no definitivo 3-5.









Fotos: Moncho Vivero

No hay comentarios: