lunes, 30 de abril de 2012

Final da copa: Albense - Saavedra (3-1)

Disputáronse o pasado fin de semana as fináis das diferentes modalidades de copa do campionato provincial de fútbol veterano de Lugo.
A minicopa foi para o V, Sarria Sd, que se impuxo ao CB Terminal por 3-1, a continuación xogóuse a final da supercopa que enfrentaba a Santaballés e Cospeito que rematóu con empate a cero, e que levóu finalmente o Santaballés na tanda de penaltis.
A derradeira en disputarse foi a final da copa, na que nos enfrentábamos ao Saavedra e que resultóu ser un partido de gran intensidade no que logramos a vitoria final por 3-1 con tres golazos, dous de Toni (o primeiro de cabeza no minuto 45 e o segundo de volea cruzada a pouco de empezar a segunda parte), e o terceiro de Seco de potente disparo raso dende fora da área, o gol da honra para o Saavedra chegóu xa no tempo de desconto da segunda parte.
Felicidades aos campións e o noso agradecimento a toda esa xente de Sarria que tan bén se portaron con nós obsequiándonos con cava  e tamén pola organización impecable do evento.

lunes, 23 de abril de 2012

22ª xornada: Santaballés - Albense (2-0)

Partido moi disputado en Santaballa entre o primeiro e o cuarto clasificado que rematóu coa vitoria do líder (Santaballés) por 2-0. Marcaban o primeiro gol nos minutos iniciales do encontro, cando os nosos xogadores aínda estaban un pouco dormidos, despois aínda que tivemos varias ocasións para equilibrar o marcador, non logramos marcar debido a falla de puntería dos nosos dianteiros e máis a gran actuación do porteiro local, finalmente encaixamos o 2-0 xa nos derradeiros minutos.
Árbitro: Jula













Fotos: Moncho Vivero

viernes, 20 de abril de 2012

22ª xornada

Partidos da 22ª xornada a disputar os días 21 e 22 de abril:

1ª división:

Trasnos Fv - Monterroso (1-2)
Sarria Fv - Illán (3-0)
Santaballés - Albense (2-0)
Rábade - Nausti (4-2)
Taboada - Saavedra (0-0)
Sancobade - Cospeito (3-5)
Friol - Vet Sarria Sd (4-2)

2ª división:

Sarriana Fv - CB Terminal (5-1)
Parga - Sp Rabadense (0-2)
Begonte - Dona Vaniri (5-0)
Gaioso - Lambruxos (3-1)
Becerreá - Guntín
San Lázaro - Montouto

Ésta xornada toca madrugar, xa que o partido que nos enfrenta ao Santaballés será o domingo día 22 as 11,30 da mañá en Santaballa.

domingo, 15 de abril de 2012

21ª xornada: Albense - Sarria Fv (5-0)

Nova vitoria do Albense, desta volta frente ao Sarria Fv que nos creóu menos problemas dos agardados, xa que no partido da primeira volta, en Sarria, sufrimos moito para facernos cos tres puntos. A primeira parte resultóu bastante igualada, para rematar co resultado de 1-0, xa no segundo tempo logramos vencer a resistencia do equipo visitante deixando o marcador final en 5-0, con dous goles de Pedro, dous de Suso e un de Manolo Cabarcos.
Árbitro: Penela Permuy













Fotos: Moncho Vivero

lunes, 2 de abril de 2012

20ª xornada: Trasnos Fv - Albense (0-4)

Bon resultado en Sarria frente ao Trasnos Fv, secadra algo máis abultado do que debería dada a igualdade vista no terreo de xogo, debido a que desta volta os nosos dianteiros tiveron mellor puntería que os do equipo rival.
Goles: Manolo Cabarcos, Michel, Toni e Pedro.
Árbitro: Javier








Fotos do partido Albense - Trasnos Fv