lunes, 30 de abril de 2012

Final da copa: Albense - Saavedra (3-1)

Disputáronse o pasado fin de semana as fináis das diferentes modalidades de copa do campionato provincial de fútbol veterano de Lugo.
A minicopa foi para o V, Sarria Sd, que se impuxo ao CB Terminal por 3-1, a continuación xogóuse a final da supercopa que enfrentaba a Santaballés e Cospeito que rematóu con empate a cero, e que levóu finalmente o Santaballés na tanda de penaltis.
A derradeira en disputarse foi a final da copa, na que nos enfrentábamos ao Saavedra e que resultóu ser un partido de gran intensidade no que logramos a vitoria final por 3-1 con tres golazos, dous de Toni (o primeiro de cabeza no minuto 45 e o segundo de volea cruzada a pouco de empezar a segunda parte), e o terceiro de Seco de potente disparo raso dende fora da área, o gol da honra para o Saavedra chegóu xa no tempo de desconto da segunda parte.
Felicidades aos campións e o noso agradecimento a toda esa xente de Sarria que tan bén se portaron con nós obsequiándonos con cava  e tamén pola organización impecable do evento.

No hay comentarios: