domingo, 21 de octubre de 2012

3ª xornada: Vet Sarria Sd - Albense (0-1)

Partidazo en Sarria frentre a un complicado rival que saíu moi enchufado dominando totalmente durante os primeiros 20 minutos nos que non pasamos do medio do campo. A medida que avanzaba o partido fómonos facendo co control do xogo e a pouco de empezar a 2ª parte marcamos por medio de Toni o gol que nos deu a vitoria nunha xogada de presión na área do equipo rival.
En resumen, gran partido por parte de ambos equipos, con fútbol combinativo e un excelente arbitraxe de Kubala no que só desentonóu a deficiente iluminación artificial do campo da Ribela.


Fotos: Moncho Vivero

No hay comentarios: