martes, 9 de noviembre de 2010

4ª XORNADA

Calendario da 4ª xornada que se celebrará os días 13 e 14 de novembro:
1ª división:
Sarria FV - Albense
Illán - Taboada
Monterroso - Saavedra
Portomarín - Nausti
Sancobade - Santaballés
Rábade - Friol

2ª división:
Montouto - Castro
Dona Vaniri - Guntín
Trasnos FV - Sp Rabadense
P.C. Box - Vet. Sarria SD
Gaioso - San Lázaro
Cospeito - Lambruxos

O Albense xogará o seu partido o sábado día 13 as 18 h en Sarria.

lunes, 8 de noviembre de 2010

3ª xornada: Albense - Rábade

Importante vitoria nun partido de grande intensidade, moi igualado, donde calquera puido levar os tres puntos. Abríu o marcador Piris para o Rábade aos 15 minutos, empatando para o Albense, Seco de penalti no minuto 40, poñendo o definitivo 2-1 Toni a falta de 7 minutos para o final.
Destacar a actuación do porteiro do Rábade José Daniel, un dos mellores do partido.
A nota negativa da xornada foi a lesión nunha xogada fortuita do xogador do Rábade, Juan, ao que lle deseamos unha pronta recuperación para volver a velo canto antes polos terreos de xogo. Unha aperta.
Arbitro: Kubala
Fotos: Moncho Vivero

miércoles, 3 de noviembre de 2010

3ª XORNADA

Os días 6 e 7 de novembro disputaráse a 3ª xornada co seguinte calendario:
1ª división:
Albense - Rábade
Taboada - Sarria FV
Illán - Monterroso
Saavedra - Portomarín
Sancobade - Nausti
Santaballés - Friol

2ª división:
Castro - Cospeito
Montouto - Guntín
Sp Rabadense - Dona Vaniri
P. C. Box - Trasnos FV
Vet Sarria SD - San Lázaro
Lambruxos - Gaioso

Debido a que aínda non remataron as obras dos novos vestiarios do campo do C. D. Albense, o partido Albense - Rábade xogaráse no campo de Román o domingo día 7 as 12 h.
Esta semana o blog do Albense superóu as 1000 visitas, agradecemoslle aos nosos visitantes a súa fidelidade e recordamoslles que poden deixar comentarios no mesmo (opiniós, resultados dos partidos, etc..). Asimesmo se queredes podedes enviarnos a fotografía do voso equipo ao e-mail: monchomatela@gmail.com e publicarémola no blog.

domingo, 31 de octubre de 2010

2ª xornada: Friol - Albense

Primeiros tres puntos da presente tempada para o C. D. Albense, no partido celebrado en Pacios, que nos enfrentaba ao Friol. Cómoda vitoria a domicilio por un contundente 0-8, na que abríu o marcador Manolo Cabarcos nun saque de córner con un impecable remate de cabeza, marcando así o primeiro gol en liga do equipo.
Destacar asimesmo os catro goles marcados por Pedro, dous por Toni e por último un de Guti.
Tamén se fallaron dous penaltis, un cada equipo.
Arbitro: Insua
Fotos: Moncho Vivero

martes, 26 de octubre de 2010

2ª XORNADA

Os vindeiros días 30 e 31 de outubro disputaráse a 2ª xornada da liga provincial de veteranos.
Os enfrontamentos serán os seguintes:
1ª División:
Portomarín - Illán
Albense - Friol
Rábade - Taboada
Monterroso - Sarria FV
Saavedra - Sancobade
Nausti - Santaballés

2ª División
Dona Vaniri - PC Box
Sp Rabadense - Montouto
Trasnos FV - San Lázaro
Vet. Sarria SD - Gaioso
Castro - Lambruxos
Cospeito - Guntín

O C. D. Albense xogará o seu partido no campo de Pacios o sábado día 30 as 16,30 h.

domingo, 24 de octubre de 2010

1ª xornada: Taboada - Albense

Disputóuse o primeiro partido de liga no que nos enfrentábamos ao actual campión: Taboada, no seu campo, rematando o partido con un cómodo 4-0 a favor do equipo local, que se mostróu moi superior ao longo de todo o encontro, no que o Albense apenas inquietóu a portería rival.
Os goles foron de: Marcos (2), Jesús Vázquez e Hugo.
Arbitro: Kubala
Fotos: Moncho Vivero

miércoles, 20 de octubre de 2010

Fase clasificación super copa

Arrancóu unha nova tempada coa fase de clasificación para as diferentes modalidades de copa que se celebran na liga provincial de veteranos de Lugo.
O C. D. Albense clasificóuse de primeiro de grupo, o que lle da acceso a disputar a supercopa, igual que o ano pasado, no que chegóu a semifináis.
Os resultados de esta fase foron os seguintes:
  1. Saavedra - Albense 1-2
  2. PC Box - Albense 1-2
  3. Albense - Portomarín 9-4
  4. S. Lázaro - Albense 1-o
  5. Albense - Dona Vaniri 7-1

O vindeiro sábado día 23 comezará a liga co partido que enfrentará ao campión do ano pasado: Taboada, contra o terceiro clasificado da mesma tempada: C. D. Albense, éste partido disputaráse no campo de Taboada as 16,30 horas.