lunes, 25 de febrero de 2013

16ª xornada: Albense - V Sarria Sd (1-1)

Mal partido contra  o V Sarria Sd no que rescatamos un punto preto do final con gol de Guti ao rematar de cabeza unha falta. Primeira parte moi igualada con varias ocasións para ambos equipos aínda que  rematóu con empate a cero, a pouco de comezar o segundo tempo marcaba o equipo visitante para empatar o Albense xa preto do final.
Árbitro: Angel Tato








Fotos: Moncho Vivero

lunes, 18 de febrero de 2013

15ª xornada: Becerreá - Albense (1-2)

Despois de derrotar ao líder a domicilio, nova vitoria do Albense no campo dun complicado  rival (o Becerreá) que xa na primeira volta nos puxo as cousas moi difíciles, confirmando así a mellora no xogo do equipo nas derradeiras xornadas. Marcaron para o Albense Guti e Losada de penalti.




Fotos do partido Albense - Becerreá da 1ª volta

lunes, 11 de febrero de 2013

14ª xornada: Santaballés - Albense (1-3)

Posiblemente o millor partido da tempada do Albense, con un serio planteamento defensivo que anulóu calquera opción de vitoria do Santaballés. Toni no minuto 10 e Guti no 22 estableceron o 0-2 no marcador, reduciría a diferencia Cazás no minuto 40 na única ocasión clara do equipo local en todo o partido, así remataría a primeira parte. O segundo tempo seguíu coa mesma tónica, dominio territorial do Santaballés e saídas a contra do Albense sin oportunidades claras para nungún dos dous equipos. Non sería ata o minuto 85 cando Losada de libre directo acadaría o definitivo 1-3 que deixaba sentenciado o choque.
Árbitro: Marqués Espiñeira










Fotos: Moncho Vivero

lunes, 4 de febrero de 2013

13ª xornada: Albense - Friol (5-4)

Despois do primeiro gol de Losada de penalti nos primeiros minutos, encaixamos catro goles consecutivos en dez minutos que puxeron o partido moi costa arriba. Emilio e Cabarcos foron os encargados de poñer o 3-4 no marcador antes do descanso, para xa na 2ª parte Toni e máis Pedro culminar a espectacular remontada.
Árbitro: David Alonso








Fotos: Moncho Vivero

lunes, 21 de enero de 2013

12ª xornada: Sarria Fv - Albense (1-1)

Xusto reparto de puntos en Sarria nun partido con pouca historia. Marcaba no primeiro tempo o Albense por medio de Suso, para empatar o Sarria Fv de penalti preto do final do encontro,
Árbitro: Cocú








Fotos: Moncho Vivero

lunes, 14 de enero de 2013

11ª xornada: Albense - Illán (1-2)

A inoperancia ofensiva do Albense propicióu que o Illán levara os tres puntos do partido que xa quedóu sentenciado na primeira parte,  nunha fría e chuviosa tarde de fútbol.
Árbitro: Eulogio








Fotos: Moncho Vivero