Goles: Pedro(2) e Michel(2) para o Albense, e Iván(2) para o Portomarín.
Árbitro: Cocú.
Fotos: Moncho Vivero










Tres puntos importantes para non descolgarnos do grupo de cabeza, frente a un Sancobade que está a facer unha excelente tempada, nun partido que resultóu máis fácil do que agardabamos, xa que nos fomos ao descanso co resultado de 3-0, con tres goles de Michel, redondeando o marcador na 2ª parte a 5-0, con dous goles máis de Toni nunha tarde soleada pero moi fría no campo de Alba, que estaba en perfectas condicións, como xa é habitual. 








Tres fallos defensivos fixeron que no minuto 15 da primeira parte foramos perdendo por 3-0, e aínda que reaccionamos e fomos ao descanso con un esperanzador 3-2, no tramo final do partido despois de quedar con un home menos, encaixamos outros dous goles que deixaron o resultado definitivo en 5-2. 







Este ano os Reis foron xenerosos e trouxeronnos tres puntos máis no partido que daba comezo a 7ª xornada, que nos enfrentaba ao Nausti (2ª clasificado) en Alba, quedando o marcador final co resultado de 2-0 ao noso favor, sendo Michel o autor de dous importantes goles de bonita factura.