Posiblemente o millor partido da tempada do Albense, con un serio planteamento defensivo que anulóu calquera opción de vitoria do Santaballés. Toni no minuto 10 e Guti no 22 estableceron o 0-2 no marcador, reduciría a diferencia Cazás no minuto 40 na única ocasión clara do equipo local en todo o partido, así remataría a primeira parte. O segundo tempo seguíu coa mesma tónica, dominio territorial do Santaballés e saídas a contra do Albense sin oportunidades claras para nungún dos dous equipos. Non sería ata o minuto 85 cando Losada de libre directo acadaría o definitivo 1-3 que deixaba sentenciado o choque.
Árbitro: Marqués Espiñeira
Fotos: Moncho Vivero
2 comentarios:
disfrutei como aficioado o que non puiden como xogador. Por algo seria.
O mismo digo...
Publicar un comentario